Unha actividade para gozar en familia e viaxar no tempo ata os inicios da creación artística. A través da arqueoloxía e das pinturas rupestres, achegarémonos á forma de expresión dos nosos antepasados e descubriremos como naceu a arte.
As familias participantes experimentarán pintando con pigmentos naturais, imitando as técnicas e xestos empregados na Prehistoria. Unha experiencia que permite aprender facendo, tocar os materiais e comprender a relación entre natureza, arte e comunicación.