O artista tudense Carlos Fer presenta na Casa Galega da Cultura a mostra Limiares acuosos. A exposición reúne nove deseños inspirados no mar, como
Detalles do evento
O artista tudense Carlos Fer presenta na Casa Galega da Cultura a mostra Limiares acuosos. A exposición reúne nove deseños inspirados no mar, como homenaxe aos concellos de Baiona, Nigrán, Redondela, Soutomaior, Vilaboa, Moaña, Cangas e Vigo, este último representado a través do perfil da súa ría.
«Todos os deseños están recollidos ou creados a partir do mar. A repetición dos elementos permite xerar os patróns e dar forma ao debuxo», explica o artista. As pezas inclúen azulexos translúcidos impresos en 3D, reinterpretando as fachadas de edificios vigueses, combinados con proxeccións da ría e pinturas que buscan saír do seu propio marco.