Irene Ceballos

mér15out19:3021:00Irene CeballosRelato verídico da viúva de Policarpo Sanz19:30 - 21:00(GMT+02:00) Tipo de eventoTardes nos museosPinacoteca Francisco Fernández del Riego, Rúa Abeleira Menéndez 8, Vigo

Detalles do evento

Relato verídico da viúva de Policarpo Sanz realiza un percorrido biográfico pola vida de Irene Ceballos Sánchez (1851–1935), viúva do filántropo vigués Policarpo Sanz. Froito dunha investigación exhaustiva, a exposición pon en valor o papel fundamental que esta muller desempeñou en Vigo.

Irene Ceballos protexeu o legado pictórico que o seu marido deixara á cidade, o cal chegou intacto ao museo municipal segundo as disposicións testamentarias. Ela mesma consagrouse como defensora, benefactora e mecenas de Vigo durante os case cincuenta anos que sobreviviu ao seu esposo.

A mostra reúne máis de 30 obras de arte, con numerosos exemplos de artes decorativas que adornaban o seu fogar en París e Madrid, ademais dunha peza audiovisual creada con intelixencia artificial.

Hora

15/10/2025 19:30 - 21:00(GMT+02:00)

Pinacoteca Francisco Fernández del Riego

Obter indicacións