Tardes no Museo: o gran legado De Francisco Fernández del Riego" Visita acompañados do arquiveiro Benito Ramírez Abal

mér10dec19:3021:00Tardes no Museo: o gran legado De Francisco Fernández del Riego" Visita acompañados do arquiveiro Benito Ramírez Abal19:30 - 21:00(GMT+01:00) Tipo de eventoTardes nos museosCasa Galega da Cultura, praza da Princesa, 2. 36202 Vigo

Detalles do evento

Francisco Fernández del Riego (1913–2010) foi unha figura esencial do galeguismo cultural e político do século XX: escritor, xornalista, ensaísta e impulsor da Editorial Galaxia, Grial e a Fundación Penzol. Tras a guerra civil asentouse en Vigo, desde onde reorganizou o galeguismo na clandestinidade e desenvolveu unha intensa actividade intelectual e xornalística. Académico da RAG e promotor do Día das Letras Galegas, contribuíu decisivamente á modernización da cultura galega. En 1995 doou á cidade de Vigo o seu arquivo, biblioteca e colección de arte, instalados na Casa Galega da Cultura, convertendo a cidade no principal gardián do seu legado.

O obxectivo desta visita é achegarnos á figura de Fernández del Riego a través dalgúns dos documentos máis destacados dos seus fondo documental que pon en contexto a colección de arte.

AFORO: 15 persoas

Casa Galega da Cultura

Obter indicacións