Benvidos/as ao espazo web do Programa Educativo da Rede de Museos do Concello de Vigo, unha iniciativa destinada a divulgar e poñer en valor o rico patrimonio histórico e artístico que acollen os nosos museos.
O Museo Quiñones de León, a Pinacoteca Fernández del Riego, a Casa das Artes e a Casa Galega da Cultura desenvolven ao longo de todo o ano unha variada programación cultural, aberta á cidadanía, que se complementa e enriquece a través deste programa educativo.
A oferta de actividades está concebida para atender as necesidades e intereses de públicos diversos, promovendo así o acceso á cultura e o coñecemento de maneira inclusiva e participativa.
Descubre unha experiencia única que te conecta coa Historia e coa Cultura: reserva xa a túa praza nestas actividades que transforman o cotián en extraordinario. Sexa unha ruta guiada, un obradoiro creativo ou unha actividade en familia, aquí atoparás inspiración e momentos para lembrar.
Non deixes que cho conten e participa.
As prazas son limitadas e a emoción está garantida!
Dende a Rede de Museos do Concello de Vigo valoramos a súa participación na visita guiada. Esta enquisa ten como obxectivo recoller a opinión das persoas asistentes para mellorar os servizos e actividades ofrecidas. Agradecemos o cumprimento da mesma
