Programa para escolares da rede de Museos Municipais

CURSO 2025-2026

Estimado/a Director/a:

Achegámoslle o Programa para escolares da Rede de Museos do Concello de Vigo para o curso lectivo 2025-2026. Nel atopará actividades especialmente deseñadas para todas as etapas educativas, desde Ed. Infantil a Bacharelato.

Nos próximos meses iranse incorporando novos espazos á programación dos que serán puntualmente informados por medio de boletíns e na web do programa.

O custo do transporte do alumnado participante será asumido de balde polo Concello de Vigo ao abeiro do Programa VigoEduca, sen que consuma ningún dos créditos ordinarios dispoñibles nese programa para cada centro de ensino.

Se precisan máis información poden contactar con nós a través do correo electrónico museoseduca@vigo.org ou no teléfono 615258531.

En aras de que poidan coñecer de primeira man o Programa e aclarar tódalas dúbidas que lles xurdan en próximas datas convidarémolos a unha xuntanza informativa na que se presentará o Programa no Museo Municipal “Quiñones de León”.

Consonte ao anteriormente exposto, pregámoslle que traslade a presente información ao coordinador/a de actividades do centro que vostede dirixe e agardamos que a iniciativa didáctica proposta sexa de interese e utilidade para a comunidade educativa.


Atentamente, reciba un cordial saúdo.


O Concelleiro-delegado de Cultura
Gorka Gómez Díaz

A concelleira-delegada da Área de Goberno de Patrimonio Histórico, Cultura e Igualdade.

María Carmen Silva Rego