Taller familiar experimental
Esta actividade adaptada ás familias comezará cunha visita á sala de Arqueoloxía, onde descubriremos a evolución da cerámica
Detalles do evento
Taller familiar experimental
Esta actividade adaptada ás familias comezará cunha visita á sala de Arqueoloxía, onde descubriremos a evolución da cerámica dende o Neolítico ata a época romana. Despois, pasaremos á parte manipulativa, na que poderemos poñer en práctica o aprendido e experimentar cos distintos xeitos de decoración das cerámicas daquelas épocas. Unha actividade divertida e creativa para todas as idades… vide preparados para manchar as mans!