Día Internacional da Muller. Visita especial "As mulleres de Castrelos"

dom08mar12:0013:30Día Internacional da Muller. Visita especial "As mulleres de Castrelos"12:00 - 13:30(GMT+01:00) Museo Quiñones de León, Camiño Corredoura, 41, 36213 Vigo

Detalles do evento

Esta visita guiada ao Pazo de Castrelos céntrase nas mulleres vinculadas a Castrelos, de maneira que se ofrece unha lectura máis inclusiva e completa da historia de Vigo. Así, as persoas visitantes poderán achegarse a figuras como Joaquina Montenegro, que deu nome á Finca da Marquesa, Mariana Whyte, esposa do último marqués de Mos e Valladares, Antonia Bañuelos, que chegou ao Pazo no século XX, como segunda muller do Marqués de Alcedo, e quen foi unha das primeiras pintoras profesionais españolas, pero tamén a tódalas mulleres que traballaron no Pazo, moitas delas veciñas da Parroquia.

Hora

08/03/2026 12:00 - 13:30(GMT+01:00)

Museo Quiñones de León

Obter indicacións