Esta visita guiada ao Pazo de Castrelos céntrase nas mulleres vinculadas a Castrelos, de maneira que se ofrece unha
Detalles do evento
Esta visita guiada ao Pazo de Castrelos céntrase nas mulleres vinculadas a Castrelos, de maneira que se ofrece unha lectura máis inclusiva e completa da historia de Vigo. Así, as persoas visitantes poderán achegarse a figuras como Joaquina Montenegro, que deu nome á Finca da Marquesa, Mariana Whyte, esposa do último marqués de Mos e Valladares, Antonia Bañuelos, que chegou ao Pazo no século XX, como segunda muller do Marqués de Alcedo, e quen foi unha das primeiras pintoras profesionais españolas, pero tamén a tódalas mulleres que traballaron no Pazo, moitas delas veciñas da Parroquia.