Os últimos marqueses. Historia do pazo de Castrelos 1895- 1934. Exposición conmemorativa do centenario da doazón do pazo ao pobo de Vigo
Esta actividade do
Detalles do evento
Os últimos marqueses. Historia do pazo de Castrelos 1895- 1934. Exposición conmemorativa do centenario da doazón do pazo ao pobo de Vigo
Esta actividade do Programa Museos Educa da Rede de Museos do Concello de Vigo consistirá nunha visita guiada á exposición conmemorativa do centenario da doazón do Pazo ao pobo de Vigo. É unha oportunidade para coñecer a vida no Pazo antes da súa doazón e adentrarse nas biografías do Marqués de Alcedo e do seu fillo, o Marqués de Mos e Valladares á vez que descubrimos ás formidables biografías das cosmopolitas mulleres do pazo Milagros Elduayen, Antonia de Bañuelos e Mariana de White.