Exposición conmemorativa do centenario da doazón do pazo ao pobo de Vigo
Esta actividade do Programa Museos Educa da Rede de Museos do Concello de
Detalles do evento
Exposición conmemorativa do centenario da doazón do pazo ao pobo de Vigo
Esta actividade do Programa Museos Educa da Rede de Museos do Concello de Vigo consistirá nunha visita guiada á exposición conmemorativa do centenario da doazón do Pazo ao pobo de Vigo. É unha oportunidade para coñecer a vida no Pazo antes da súa doazón e adentrarse nas biografías do Marqués de Alcedo e do seu fillo, o Marqués de Mos e Valladares á vez que descubrimos ás formidables biografías das cosmopolitas mulleres do pazo Milagros Elduayen, Antonia de Bañuelos e Mariana de White.