Mirar Vigo. Imaxe dunha cidade a través da arte impresa e pictórica no século XIX.

mér17xuñ19:3021:00Mirar Vigo. Imaxe dunha cidade a través da arte impresa e pictórica no século XIX.19:30 - 21:00(GMT+02:00) Pinacoteca Francisco Fernández del Riego, Rúa Abeleira Menéndez 8, VigoEste evento rematouCompletado

Detalles do evento

Conferencia impartida por Jose Luis Mateo, historiador da arte e membro do Instituto de Estudios Vigueses.

O historiador José Luis Mateo impartirá a conferencia “Mirar Vigo. Imaxe dunha cidade a través da arte impresa e pictórica no século XIX”, unha proposta que convida a descubrir como se foi conformando a imaxe gráfica da cidade a través da arte, os gravados e a prensa ilustrada ao longo do século XIX e comezos do XX.

A través dun percorrido por numerosas representacións visuais de Vigo, a conferencia analizará o papel desempeñado por artistas locais e foráneos na creación dun imaxinario colectivo da cidade. Gravados, litografías, pinturas e ilustracións publicadas en revistas e xornais da época permitirán comprender como Vigo foi observado, interpretado e difundido máis alá das súas fronteiras.

Esta conferencia constitúe unha oportunidade para coñecer mellor a historia visual de Vigo e reflexionar sobre o valor documental e artístico das imaxes como fonte para comprender o pasado e a construción da identidade urbana.

Hora

17/06/2026 19:30 - 21:00(GMT+02:00)

Detalle da resesvas

Mirar Vigo. Imaxe dunha cidade a través da arte impresa e pictórica no século XIX.

Xa non quedan prazas para este evento. Consulta si se repite noutro día!

Compartir este evento