Conferencia impartida por Jose Luis Mateo, historiador da arte e membro do Instituto de Estudios Vigueses.
O historiador José Luis Mateo impartirá a conferencia “Mirar Vigo. Imaxe dunha cidade a través da arte impresa e pictórica no século XIX”, unha proposta que convida a descubrir como se foi conformando a imaxe gráfica da cidade a través da arte, os gravados e a prensa ilustrada ao longo do século XIX e comezos do XX.
A través dun percorrido por numerosas representacións visuais de Vigo, a conferencia analizará o papel desempeñado por artistas locais e foráneos na creación dun imaxinario colectivo da cidade. Gravados, litografías, pinturas e ilustracións publicadas en revistas e xornais da época permitirán comprender como Vigo foi observado, interpretado e difundido máis alá das súas fronteiras.
Esta conferencia constitúe unha oportunidade para coñecer mellor a historia visual de Vigo e reflexionar sobre o valor documental e artístico das imaxes como fonte para comprender o pasado e a construción da identidade urbana.