Luis Torras, Pincel persistente de Vigo

mér29out19:3021:00Luis Torras, Pincel persistente de Vigo19:30 - 21:00(GMT+01:00) Tipo de eventoTardes nos museosCasa das Artes, Policarpo Sanz 15, 36201 Vigo

Detalles do evento

O mércores 29 de outubro ás 19.30 h terá lugar a visita guiada á exposición permanente “Luis Torras, pincel persistente de Vigo”, organizado pola Concellería de Cultura dende o programa Educativo da Rede de Museos. 

Luis Torras Martínez (Vigo 1912-2024) está considerado o pintor máis lonxevo do mundo. En 1935 trasládase a Madrid para estudar na Escola de Belas Artes de San Fernando.Tras o paréntese da Guerra Civil -na que foi gravemente ferido- acabou os seus estudos e obtivo o título de profesor de Debuxo.  Exerceu primeiro en Madrid e desde 1954 en Vigo na Escola de Artes e Oficios da rúa García Barbón, onde deixou un importante sinal en varias xeracións viguesas.

Desde os anos cincuenta vai asentando o seu mundo pictórico, conformado por unha combinación de estatismo, silencio e coidada factura, un universo afastado da espectacularización, co que o artista consegue penetrar en aspectos centrais da condición humana e reflexionar sobre o sentido profundo da existencia. Os temas da súa pintura: as figuras humanas estáticas, as paisaxes e as naturezas mortas, non poucas veces en estreita ligazón, permiten ao artista reelaborar os xogos, as miradas, os movementos conxelados e tamén favorecen o detallado estudo compositivo

Desde 1954 participa nas Exposicións Nacionais de Belas Artes, conseguindo mencións (1960 e 1968) e unha medalla, en 1962, con Bodegón, unha obra realizada ao temple sobre tea, actualmente propiedade do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (Madrid). Igualmente é galardoado na primeira edición do certame Unión Fenosa (1989).

En 1998 o Concello vigués, contando coa xenerosidade do artista e da súa esposa María Jesús Incera, crea a Colección Torras, con sede na “Casa das Artes”. Nesta sala atópase unha parte importante do mellor da súa obra, que tamén está representada en destacadas coleccións públicas e institucionais, como o Museo Nacional Centro de Arte Raíña Sofía (Madrid); o Museo Municipal Quiñones de León (Vigo), o Museo de Pontevedra ou a Colección Afundación, Museo de arte Contemporáneo de Santiago (CGAC), así como en importantes coleccións privadas.

Hora

29/10/2025 19:30 - 21:00(GMT+01:00)

Localización

Casa das Artes

Policarpo Sanz 15, 36201 Vigo

986 439 525 / 986 438 446

Outros eventos

Organizador

Museos de Vigo

Museos de Vigo, pertencente ao Concello de Vigo...
Museos de Vigo, pertencente ao Concello de Vigo

Máis información

Casa das Artes

Obter indicacións