Luis Torras, Pincel persistente de Vigo
Detalles do evento
O mércores 29 de outubro ás 19.30 h terá lugar a visita guiada á exposición permanente “Luis Torras, pincel persistente de Vigo”, organizado pola
Detalles do evento
O mércores 29 de outubro ás 19.30 h terá lugar a visita guiada á exposición permanente “Luis Torras, pincel persistente de Vigo”, organizado pola Concellería de Cultura dende o programa Educativo da Rede de Museos.
Luis Torras Martínez (Vigo 1912-2024) está considerado o pintor máis lonxevo do mundo. En 1935 trasládase a Madrid para estudar na Escola de Belas Artes de San Fernando.Tras o paréntese da Guerra Civil -na que foi gravemente ferido- acabou os seus estudos e obtivo o título de profesor de Debuxo. Exerceu primeiro en Madrid e desde 1954 en Vigo na Escola de Artes e Oficios da rúa García Barbón, onde deixou un importante sinal en varias xeracións viguesas.
Desde os anos cincuenta vai asentando o seu mundo pictórico, conformado por unha combinación de estatismo, silencio e coidada factura, un universo afastado da espectacularización, co que o artista consegue penetrar en aspectos centrais da condición humana e reflexionar sobre o sentido profundo da existencia. Os temas da súa pintura: as figuras humanas estáticas, as paisaxes e as naturezas mortas, non poucas veces en estreita ligazón, permiten ao artista reelaborar os xogos, as miradas, os movementos conxelados e tamén favorecen o detallado estudo compositivo
Desde 1954 participa nas Exposicións Nacionais de Belas Artes, conseguindo mencións (1960 e 1968) e unha medalla, en 1962, con Bodegón, unha obra realizada ao temple sobre tea, actualmente propiedade do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (Madrid). Igualmente é galardoado na primeira edición do certame Unión Fenosa (1989).
En 1998 o Concello vigués, contando coa xenerosidade do artista e da súa esposa María Jesús Incera, crea a Colección Torras, con sede na “Casa das Artes”. Nesta sala atópase unha parte importante do mellor da súa obra, que tamén está representada en destacadas coleccións públicas e institucionais, como o Museo Nacional Centro de Arte Raíña Sofía (Madrid); o Museo Municipal Quiñones de León (Vigo), o Museo de Pontevedra ou a Colección Afundación, Museo de arte Contemporáneo de Santiago (CGAC), así como en importantes coleccións privadas.
