Actividade especialmente dirixida para público familiar, a partir de 8 anos. A entrada é libre e gratuíta ata completar aforo.
Detalles do evento
Actividade especialmente dirixida para público familiar, a partir de 8 anos. A entrada é libre e gratuíta ata completar aforo.
No marco do Plan de Ciencia de Ida e Volta, a Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo presenta Misterio no pazo, unha peza de teatro divulgativo e inmersivo para render homenaxe a Agatha Christie no ano no que se cumpre medio século da súa morte.
Nesta sesión de teatro, o persoal investigador da UVigo convértese en intérprete dunha obra de misterio baseada na novela Un cadáver en la biblioteca. Guidados pola intuición da inesquecible Miss Marple, interpretada pola actriz Mónica Camaño, o público asistente empregará técnicas reais de investigación forense para conseguir esclarecer a morte de Ruby Keene (Adriana Santos).
Esta actividade realízase coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y Tecnología – Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades, e do Museo municipal Quiñones de León do Concello de Vigo.