Evento con varias sesións- Evento 1 / 2

Misterio no Pazo

xov09abr17:3018:15Misterio no PazoActividade familiar a partir de 8 anos17:30 - 18:15(GMT+02:00) Museo Quiñones de León, Camiño Corredoura, 41, 36213 VigoEste evento rematouEvento con varias sesións

Detalles do evento

Actividade especialmente dirixida para público familiar, a partir de 8 anos.
A entrada é libre e gratuíta ata completar aforo.

No marco do Plan de Ciencia de Ida e Volta, a Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo presenta Misterio no pazo, unha peza de teatro divulgativo e inmersivo para render homenaxe a Agatha Christie no ano no que se cumpre medio século da súa morte.

Nesta sesión de teatro, o persoal investigador da UVigo convértese en intérprete dunha obra de misterio baseada na novela Un cadáver en la biblioteca. Guidados pola intuición da inesquecible Miss Marple, interpretada pola actriz Mónica Camaño, o público asistente empregará técnicas reais de investigación forense para conseguir esclarecer a morte de Ruby Keene (Adriana Santos).

Esta actividade realízase coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y Tecnología – Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades, e do Museo municipal Quiñones de León do Concello de Vigo.

Hora

09/04/2026 17:30 - 18:15(GMT+02:00)

Detalle das entradas

Misterio no pazo no Museo municipal Quiñones de León

s entradas xa non están dispoñibles para reservar neste evento!

Compartir este evento