Este é un evento recorrente- Evento 1 / 2

Cine experimental e natureza

sáb18out10:0014:00Cine experimental e natureza10:00 - 14:00(GMT+02:00) Pinacoteca Francisco Fernández del Riego, Rúa Abeleira Menéndez 8, VigoEvento recorrente

Detalles do evento

Este obradoiro, concibido como unha continuación e complemento da exposición “Pulsos e Solastaxias [do monte galego]“, ofrece un espazo de reflexión e creación artística centrado na representación audiovisual da natureza. Baixo a guía da artista Carla Andrade, as persoas participantes explorarán os mecanismos de poder subxacentes nestas representacións, uestionando e reformulando as formas dominantes e hexemónicas impostas pola tradición patriarcal e o tecnocapitalismo
contemporáneo.

O obradoiro comezará cunha introdución á práctica artística de Carla Andrade, quen compartirá os seus procesos e metodoloxías creativas. O seu traballo caracterízase por un enfoque crítico que busca desafiar as formas convencionais de representar a natureza, propoñendo alternativas que se afastan dos linguaxes dominantes. Ao longo do obradoiro, traballarase arredor do concepto do sublime reformulado, entendendo o sublime como aquilo que nos supera, algo incontrolable e alleo á nosa comprensión, como a natureza salvaxe ou “non domesticada”.

O enfoque do obradoiro é profundamente participativo. A través da reflexión conxunta e da creación colaborativa, nalizaranse técnicas e obras de artistas que replantexan a experiencia do sublime, revisando conceptos como o sublime colóxico ou o sublime feminino. Estes enfoques substitúen o medo e as ansias de dominación polo respecto, a humildade e o amor. Esta nova ollada cara ao sublime non busca impoñer unha visión autoritaria, senón abrirse á alteridade, permitindo que a natureza sexa experimentada na súa inmediatez e fugacidade, sen tentar transformala nin comprendela completamente.
Ademais da parte teórica e de visionado, o obradoiro ofrece unha oportunidadepráctica. As persoas participantes terán a opción de saír a gravar son e filmar con cámaras Súper 8 nun entorno natural próximo a Vigo, seleccionado polo seu interese ecolóxico, cultural ou político.

As imaxes capturadas en celuloide serán reveladas nun laboratorio especializado. Estas filmacións serán compartidas entre os asistentes, quen terán a oportunidade de explorar o carácter imprevisible e orgánico do cine analóxico. Ao igual que a natureza salvaxe, o celuloide é incontrolable e resiste calquera intento de predeterminación da realidade, obrigando aos creadores e creadoras a estar atentos ao momento presente e aceptar o inesperado como unha parte valiosa e significativa do proceso creativo.

Persoas destinatarias:
Persoas de calquera idade con algún interese na reflexión e representación da natureza a través das artes visuais ou do cine arte. Non é necesaria experiencia previa.

HORARIOS

18 outubro de 10 a 14 e de 18 a 21h
Lugar: Pinacoteca Francisco Fernández del Riego
Rúa Abeleira Menéndez, 8, Vigo

19 outubro de 10 a 14h
Saída para filmar en Super8 nun entorno natural
próximo a Vigo

Hora

18/10/2025 10:00 - 14:00(GMT+02:00)

Pinacoteca Francisco Fernández del Riego

Obter indicacións