Dentro das conferencias do ciclo Peza Senlleira, que con carácter mensual organiza o Programa Museos Educa da Rede de Museos do Concello de Vigo, María Guadalupe Castro, Doutora en Historia e experta en cerámica prehistórica, falará do recipiente decorado das Cavidades do Folón como exemplo da cerámica fóra do contexto doméstico no terceiro milenio AC.